domingo, 12 de abril de 2020

Tarefas da semana do 14 ó 18 de abril



ED. FÍSICA NA CASA :

Terás que facer dúas sesións á semana  nos días que che indique @ titor@.


Practica estas rutinas diarias: 

1.  Axuda na casa coas tarefas: fai a túa cama, recolle a túa roupa, axuda a poñer a mesa e a recollela,... 

2.  Entre clase e clase, móvete un pouco: aproveita para ir ó aseo, beber, estirarte,.. 

3.  Como vas a estar moito tempo na casa é importante que evites posturas incorrectas: cando esteas sentad@ faino ben. 

 4.  Cando fagas as actividades de educación física recorda que o rematar terás que asearte e cambiar a camiseta. 

5.  Se tes compañía ( irmán, pai, nai, ...) para facer as actividades, mellor, é mais divertido. 

6.  Se tes un xardín na túa casa, xoga ó aire libre sempre que poidas e te deixen.


Actividade do primeiro día:


  1.  Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)

     

  2.   Elixe o teu curso e xoga: (Sobre 10 minutos)

  3. Móvete co seguinte exercicio: (Sobre 15 minutos). No caso de non ter globos podes empregar unha bolsa plástica que non teña buracos . Para encestar é mellor utilizar bolas que non reboten (poden ser bolas feitas con follas de periódicos.

     

                                                   

     

    4.Reláxate coa vaquiña Ooommm: (Sobre 10 minutos)

                                    

                                               
  4. 5. Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)



Actividade do segundo día: 


1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos) 

2.  Colle un xornal vello e fai unha bola de papel ben apretada.  Agora xoga con ela: a darlle coa cabeza, coas mans, cos pés,  cos xeonllos,...Se tes compañía, xogade entre dous a pasala. Podes facer varias bolas. Podedes meter gol entre as pernas e encestar entre os brazos. Se estás só, podes facelo nunha papeleira ou nunha caixa. (Sobre 10 minutos) 

3.      Practica os seguintes exercicios: (Sobre 15 minutos)


4   4. Reláxate, ponte comod@ e adiante: (Sobre 10 minutos)

                                                                 


5   5.  Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)


Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ou o que sintas ó correo: “educacionfisicaarbo@gmail.com” . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario