Mostrando entradas con la etiqueta 1º EDUCACIÓN PRIMARIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º EDUCACIÓN PRIMARIA. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de junio de 2020

TAREFAS DA SEMANA DO 15 Ó 19 DE XUÑO


ED. FÍSICA NA CASA  
PARA TÓDOLOS CURSOS
SEMANA DO 15 Ó 19 DE XUÑO


Xa  estamos rematando o curso

Estas son as últimas actividades e espero que vos resulten divertidas.
Ánimo e ata SETEMBRO!!!



1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo.



2.      Mira este vídeo sobre O APARATO RESPIRATORIO e coñece mellor o teu corpo.


 E agora resolve esta SOPA DE LETRAS.





3.      Prepara dous globos e móvete con SILVIA DOMÍNGUEZ.





4.      Atrévete cos retos:

a.      Da recolleita: 
 

b.      Do equilibrio coa zapatilla: 



c.       Da carreira sentados: 



d.      Da flexibilidade cun pau: 










6.      Reláxate coa PAPIROFLEXIA, colle un folio e fai un corazón:





7.      Aséate, cámbiate. 



AVISO IMPORTANTE: 

Se non te podes conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:

 XOGO:            AS OLIMPIADAS CON CALCETINS               (PARTE II)

- Ten coidado. Xoga nun lugar sen obstáculos

- Non é unha competición, son xogos para divertirse

- Repite as veces que queiras.

- Pódese xogar de forma individual, parellas, tríos ou en familia.

- Os calcetíns estarán dobrados facendo un paquetiño.

PETANCA:

Intentar deixar o calcetín/s o máis cerca posible dunha boliña de papel (boliche)

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación

Tempo: o que queiras xogar

Material: 6 calcetíns  (3 de cada color)

Participantes: 1 ó varios



MALABARES PARA PEQUES:

Intentar lanzar o calcetín ó aire e intentar facer un xesto/acción sinxela. Exemplo: lanzar e dar unha palmada, lanzar e tocarse a cabeza, etc...

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación

Tempo: 1 minuto, 2 minutos.

Material: calcetín

Participantes: 1 ou varios



LIÑA:

Intentar deixar o calcetín/s o máis cerca posible dunha liña (substituímos a liña por unha botella, obxecto, sinal,... Se te pasas da liña, repites a tirada.

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación

Tempo: o que queiras xogar

Material: 6 calcetíns  (3 de cada cor)

Participantes: 1 ou varios




 MALABARES PARA MAIORES

Intentar lanzar os calcetíns (2) o maior número de veces. Sempre ten que estar un calcetín no aire.

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación.

Tempo: o que queiras xogar

Material: 2-3 calcetíns

Participantes: 1 

Variante:  se che sae, faino con tres (3).



BALONCESTO COA CABEZA

Intentar levar un calcetín enriba da cabeza ata a papeleira ou caixa situada a 1m/2m/3m, inclinar o corpo e intentar encestar.

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación.

Tempo: 1,2, 3 minutos

Material: Tantos como queiras.

Participantes: 1 ou varios




Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ó correo: “educacionfisicaarbo@gmail.com”ou por whatsapp ó 689116973 . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.

domingo, 7 de junio de 2020

TAREFAS DA SEMANA DO 8 Ó 12 DE XUÑO


ED. FÍSICA NA CASA : 1º e 2º CURSO.

Terás que facer unha sesión á semana  no día que che indique @ titor@.

Recorda que tes que practicar as rutinas diarias.

1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)


2.      Mira este vídeo sobre O SANGUE e coñece mellor o teu corpo:  (Sobre 10 minutos)



3.      Prepara unhas chanclas e dous pares de calcetíns e móvete con DAMIAN QUINTERO: (Sobre 10 minutos)



4.      Mira o vídeo. Prepara un taboleiro de xogo nun papel ou cartón, busca outra persoa para xogar, prepara tres obxectos pequenos e adiante co TRES EN RAIA: (Sobre 5 minutos)




5.       Reláxate coa PAPIROFLEXIA, colle un folio e fai uha rá: (Sobre 5 minutos)




6.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)



AVISO IMPORTANTE: 

Se non te podes conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:

 XOGO:  AS OLIMPIADAS CON CALCETINS      (PARTE I)

- Ten coidado. Xoga nun lugar sen obstáculos

- Non é unha competición, son xogos para divertirse

- Repite as veces que queiras.

- Pódese xogar de forma individual, parellas, tríos ou en familia.

- Os calcetíns estarán dobrados facendo un paquetiño.

VOLEIBOL:

Intentar dar o maior número de golpeos ó calcetín cunha man, con dúas mans, alternando, con calquera parte do corpo.

Espazo: libre de obstáculos

Tempo: 1 minuto, 2 minutos.

Material: calcetín/s

Participantes: 1 ou varios



BALONCESTO:

Intentar encestar o maior número de calcetíns durante 1 minuto/ 2 minutos nunha una papeleira, caixa, etc.

Distancia: 1 metro, 2 metros, 3 metros

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación

Tempo: 1 minuto, 2 minutos.

Material: 5- 10 calcetíns

Participantes: 1 ó varios



BOLOS:

Intentar derribar o maior número de botellas de auga baleiras, briks de leite baleiros, etc. Lánzanse tantos calcetíns como botellas, briks,.. poñas.

Distancia: 1 metro, 2 metros, 3 metros

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación

Tempo: 1 minuto, 2 minutos.

Material: calcetíns, botellas de auga baleiras e numeradas, briks de leite baleiros e numerados, etc...

Participantes: 1 ou varios



Variante: sumas os puntos das botellas derribadas





 SUMA:

Intentar sumar o maior número de puntos deixando o calcetín cerca das botellas. Se o deixas entre a botella 1 e 2 sumas 1, se o deixas entre a botella 2 e  3 sumas 2 e así sucesivamente. Tíranse 5 calcetíns.

Distancia de botellas: 1 metro, 2 metros, 3 metros, 4 metros

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación

Tempo: 1 minuto, 2 minutos.

Material: calcetíns, botellas de auga baleiras e numeradas, briks de leite baleiros, etc...

Participantes: 1 ou varios



* RECORDA QUE EN CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 9 A 10 HORAS PODES REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA.





Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ou do que sintas ó correo: “educacionfisicaarbo@gmail.com”ou por whatsapp ó 689116973 . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.