sábado, 18 de abril de 2020

Tarefas da semana do 20 ó 24 de abril para 5º e 6º curso.



ED. FÍSICA NA CASA : 5º E 6º CURSO

Terás que facer dúas sesións á semana  nos días que che indique @ titor@.

Recorda que tes que practicar as rutinas diarias que explicamos a semana pasada.



Actividade do primeiro día:


1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)

  
 2. Xoga e aprende como funciona o teu corpo con Movendo a vida:  (Sobre 10 minutos) Se tes problemas co enlace, fai o seguinte: escribe "ludos" no navegador, selecciona "Ludos-Alumnado-Elección de CICLO-RecursosTIC",entra na illa Nº 3 MOVILAND e selecciona a MONTAÑA RUSA: "Moviendo la vida"

   



3.      Móvete co seguinte exercicio que che axudará a medrar: (Sobre 15 minutos)




4.      Reláxate con ioga. Prepárate, tes que facelo no chan: (Sobre 10 minutos)



5.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)





Actividade do segundo día:



1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)




2.      A bailar: Primeiro aprende o baile e logo a divertirse. (Sobre 10 minutos)





3.      Móvete como un super-heroe: ( Podes repetilo) (Sobre 15 minutos)




4.      Reláxate : (Sobre 10 minutos)





5.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)

AVISO IMPORTANTE: 

Se non te podes conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:

1.       Fai un recorrido no chan e sopra cunha palliña unha boliña de papel sen saírte.
2.       Conta cantos  pés mide a túa casa.
3.       Colle un rolo de papel hixiénico cos pés e salta sen que che caia.
4.       Limpa un vaso de iogur e fai unha carreira con el soprando.
5.       Emprega como se foran birlos (bolos), os rolos de papel hixiénico rematado.
6.       Debuxa unha diana nun folio e practica punterías cunha bola de papel.
7.       Emprega un anaco de cartón ( caixa de galletas..) como raqueta, e xoga cun globo.



Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ou do que sintas ó correo: “educacionfisicaarbo@gmail.com” . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario