domingo, 26 de abril de 2020

TAREFAS DA SEMANA DO 27 Ó 30 DE ABRIL PARA 1º E 2º CURSO.



ED. FÍSICA NA CASA : 1º e 2º CURSO.

Terás que facer dúas sesións á semana  nos días que che indique @ titor@.

Recorda que tes que practicar as rutinas diarias que explicamos a semana pasada.



Actividade do primeiro día:



1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)


2.          Xoga e mellora a túa orientación con Laberintofrutal: (Sobre 10 minutos).
Se tes problemas co enlace, fai o seguinte: escribe "ludos" no navegador, selecciona "Ludos-Alumnado-Elección de CICLO-RecursosTIC",entra na illa Nº 1 DIVERLAND e selecciona o LABERINTO FRUTAL.



3.      Móvete co seguinte exercicio: (Sobre 15 minutos)





4.      Móvete e baila (podes repetilo): (Sobre 10 minutos)





    


15. .      Reláxate con ioga. Prepárate, tes que facelo no chan: (Sobre 10 minutos)




6. Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)





Actividade do segundo día:



1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)

  
2. Practicamos a atar os cordóns. Primeiro prepararás unhas plantillas. Segue as indicacións aquí: 
 

 Agora mira o vídeo e a practicar:         (Sobre 10 minutos)


 





3. A traballar. Realiza o exercicio:  (Sobre 15 minutos)





4.   Móvete como un super-heroe:  (Sobre 5 minutos)


 



4.      Reláxate : (Sobre 10 minutos)








5.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)




AVISO IMPORTANTE: 

Se non te podes conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:



* XOGOS CON GLOBOS:

 -  Voleibol con globos. Unha cadeira, un sofá, unha corda fan de rede. O resto, un xogador a cada lado e listo. A xogar!
- Que non caia!. 2 xogadores. Non hai rede. O obxectivo é tocar o globo para que non toque o chan. Os dous xogadores colaboran para  que o globo non toque o chan.
-   Arriba ese aplauso! Golpear o globo ao aire dar unha  palmada e volver golpear ao aire. Despois dunha  palmada teñen que facer dúas palmadas e volver golpear, despois tres  palmadas e volver golpear… cantas  palmadas será capaz de dar sen que o globo toque o chan?

 -   Ao chan rápido! Golpear o globo ao aire, hai que tombarse no chan, volver levantarse e volver golpear o globo, volver tombarse e volver levantarse… cantas veces seguidas tombarase no chan golpeando o globo previamente e sen que este toque o chan?

-    Carreiras de globos. Que globo chegará antes dun lugar Á un  B sen tocalo con ningunha parte do corpo? Preparados? Listos? Xa!

-    Cantos  golpeos es capaz de dar ao globo utilizando soamente a cabeza?

-    E soamente co pé?

 -   De cantas maneiras podes levar o globo dun lugar A (salón) a outro  B (cociña) sen tocar o globo coas mans?

 -   Ping  pong con globo. Que tal se en calquera mesa ponse un pequeno obstáculo (que faga de rede) e xogamos ao  ping  pong sendo as raquetas as propias mans e a pelota un globo? 

* Fai un circuito e xoga coas chapas (ou con tapóns de plástico)


* RECORDA QUE EN CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 9 A 10 HORAS PODES REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA.



Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ou do que sintas ó correo: “educacionfisicaarbo@gmail.com” . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario