domingo, 26 de abril de 2020

TAREFAS PARA A SEMANA DO 27 Ó 30 DE ABRIL PARA 5º E 6º CURSO.


ED. FÍSICA NA CASA : 5º e 6º CURSO.

Terás que facer dúas sesións á semana  nos días que che indique @ titor@.

Recorda que tes que practicar as rutinas diarias que explicamos a semana pasada.


Actividade do primeiro día:


1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)



2.      Xoga e mellora os teus hábitos de alimentación con Alimentos olímpicos:  (Sobre 10 minutos)  

3.      Móvete con RICKY RUBIO.   (Sobre 10 minutos)
4.      Móvete e baila ( Podes repetilo): (Sobre 5 minutos)


5.      Reláxate con ioga. Prepárate, tes que facelo no chan: (Sobre 10 minutos)

6.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)
 





Actividade do segundo día:


1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)



     Mira o vídeo e a practicar malabares. (Sobre 10 minutos)




3.      A traballar. Realiza o exercicio.  (Sobre 10 minutos)



4.      Móvete como un super-heroe:  (Sobre 5 minutos)





5.      Realiza os seguintes estiramentos para rematar : (Sobre 10 minutos)



6.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)



AVISO IMPORTANTE: 

Se non te podes conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:

* XOGOS CON GLOBOS:


 -  Voleibol con globos. Unha cadeira, un sofá, unha corda fan de rede. O resto, un xogador a cada lado e listo. A xogar!
- Que non caia!. 2 xogadores. Non hai rede. O obxectivo é tocar o globo para que non toque o chan. Os dous xogadores colaboran para  que o globo non toque o chan.
-   Arriba ese aplauso! Golpear o globo ao aire dar unha  palmada e volver golpear ao aire. Despois dunha  palmada teñen que facer dúas palmadas e volver golpear, despois tres  palmadas e volver golpear… cantas  palmadas será capaz de dar sen que o globo toque o chan?


 -    Ao chan rápido! Golpear o globo ao aire, hai que tombarse no chan, volver levantarse e volver golpear o globo, volver tombarse e volver levantarse… cantas veces seguidas tombarase no chan golpeando o globo previamente e sen que este toque o chan?


-    Carreiras de globos. Que globo chegará antes dun lugar Á un  B sen tocalo con ningunha parte do corpo? Preparados? Listos? Xa!


-    Cantos  golpeos es capaz de dar ao globo utilizando soamente a cabeza?


-    E soamente co pé?


 -   De cantas maneiras podes levar o globo dun lugar A (salón) a outro  B (cociña) sen tocar o globo coas mans?


 -   Ping  pong con globo. Que tal se en calquera mesa ponse un pequeno obstáculo (que faga de rede) e xogamos ao  ping  pong sendo as raquetas as propias mans e a pelota un globo? 




* Fai un circuito e xoga coas chapas (ou con tapóns de plástico)





* RECORDA QUE EN CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 11 A 12 HORAS PODES REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA.




       Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ou do que sintas ó correo: educacionfisicaarbo@gmail.com . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.



No hay comentarios:

Publicar un comentario