domingo, 17 de mayo de 2020

TAREFAS DA SEMANA DO 18 Ó 22 DE MAIO

 
PARA ACCEDER ÁS TAREFAS DE CADA SEMANA, BUSCA NAS ETIQUETAS QUE  ESTÁN Ó LADO DEREITO E FAI CLIC SOBRE O TEU 
CURSO.....................................................................................




ED. FÍSICA NA CASA : 1º e 2º CURSO.

Terás que facer dúas sesións á semana  nos días que che indique @ titor@.

Recorda que tes que practicar as rutinas diarias.


 



Actividade do primeiro día:


1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)


2.      Xoga e mellora os teus hábitos de saúde, hixiene e seguridade na actividade física con Nos disfrazamos:  (Sobre 15 minutos)




3.      Xogamos a saltar á comba. Anímate, pasaralo xenial.  (Sobre 10 minutos)




4.      Móvete e baila: ( Podes repetilo): (Sobre 10 minutos)





5.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)

 
Actividade do segundo día:

1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)


2.      Prepara un disco voador (Frisbee) e pásao ben xogando con el (Sobre 15 minutos)



 

3.      Movémonos con Elsa Baquerizo: : (Sobre 10 minutos)




4.      A bailar con Frozen: (Sobre 5 minutos)





5.      Reláxate con ioga : (Sobre 5 minutos)





6.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)


AVISO IMPORTANTE: 

Se non te podes conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:

Primeiro:

Construirás un circuíto con botellas ou con outros obxectos que estean ó teu alcance, só necesitarás 5.
Coloca eses obxectos en fila india separados entre si uns dous pasos aproximadamente.
1º Debes facer un zig-zag entre elas a trote ida e volta.  Cando o controles intenta facelo o máis rápido que poidas.
2º Debes saltar por enriba das botellas de unha en unha, coa pes xuntos (podes abrir un pouco as pernas para evitar desequilibrarte) intentando non tropezarte.
3º Igual que na ronda nº1, pero neste caso  debes facelo á pata coxa coa dereita.
4º Igual que la ronda nº 3, pero agora debes traballar coa esquerda.
5º Nesta última ronda, debes coller un obxecto coa palma das mans (pelota, vaso de plástico, unha froita, un rollo de papel del WC...) e repetir as rondas anteriores sen que caia ó chan o obxecto.


Segundo:

Consiste en realizar unha a unha as letras do teu nome utilizando o teu propio corpo. Debes estar deitado no chan. Si tes ganas de máis, podes realizar as letras de abecedario que máis che gusten, en algunhas podes utilizar obxectos para completalas ou  a axuda de algún irmán ou familiar. Podes tomar fotos se queres.

Terceiro:

Necesitarás a axuda dun familiar. Consiste en vendarse os ollos e a través do tacto debes adiviñar os 5 obxectos que che poñan diante. É importante non utilizar obxectos punzantes ou que poidan laiar as mans.

Atención plena, concéntrate no que estás facendo e sairache superbén,
ÁNIMO!!!!

* RECORDA QUE EN CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 9 A 10 HORAS PODES REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA.

Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ou do que sintas ó correo:educacionfisicaarbo@gmail.com”ou por whatsapp ó 689116973 . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.


No hay comentarios:

Publicar un comentario