ED. FÍSICA NA CASA
: 3º e 4º CURSO.
Terás que facer dúas
sesións á semana nos días que che indique @ titor@.
Recorda que tes que practicar as rutinas diarias.
Actividade
do primeiro día:
1. Prepárate,
cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)
2. Xoga
e mellora o teu pensamento estratéxico con El templo de los siete amuletos: (Sobre 15 minutos)
3. Xogamos
a saltar á comba. Anímate, pasaralo xenial. (Sobre 10 minutos)
4.
Móvete e baila: ( Podes repetilo): (Sobre
10 minutos)
5.
Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)
Actividade
do segundo día:
1.
Prepárate, cámbiate,
vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)
2.
Prepara un disco voador (Frisbee) e pásao ben xogando con el (Sobre 15 minutos)
3.
Movémonos con ViranMorros: :
(Sobre 10 minutos)
4.
A bailar con CALMA: (Sobre 5 minutos)
5.
Reláxate con ioga : (Sobre 5 minutos)
6.
Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)
AVISO
IMPORTANTE:
Se non te podes
conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:
Primeiro:
Construirás
un circuíto con botellas ou con outros obxectos que estean ó teu alcance, só
necesitarás 5.
Coloca eses
obxectos en fila india separados entre si uns dous pasos aproximadamente.
1º Debes
facer un zig-zag entre elas a trote ida e volta. Cando o controles intenta facelo o máis rápido
que poidas.
2º Debes
saltar por enriba das botellas de unha en unha, coa pes xuntos (podes abrir un
pouco as pernas para evitar desequilibrarte) intentando non tropezarte.
3º Igual que
na ronda nº1, pero neste caso debes facelo
á pata coxa coa dereita.
4º Igual que
la ronda nº 3, pero agora debes traballar coa esquerda.
5º Nesta
última ronda, debes coller un obxecto coa palma das mans (pelota, vaso de
plástico, unha froita, un rollo de papel del WC...) e repetir as rondas
anteriores sen que caia ó chan o obxecto.
Segundo:
Consiste en
realizar unha a unha as letras do teu nome utilizando o teu propio corpo. Debes
estar deitado no chan. Si tes ganas de máis, podes realizar as letras de abecedario
que máis che gusten, en algunhas podes utilizar obxectos para completalas ou a axuda de algún irmán ou familiar. Podes
tomar fotos se queres.
Terceiro:
Necesitarás
a axuda dun familiar. Consiste en vendarse os ollos e a través do tacto debes adiviñar
os 5 obxectos que che poñan diante. É importante non utilizar obxectos
punzantes ou que poidan laiar as mans.
Atención plena, concéntrate no que
estás facendo e sairache superbén,
ÁNIMO!!!!
* RECORDA QUE EN
CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 10 A 11 HORAS PODES REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN
FÍSICA.
Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos ou escribirme con relación ás actividades ou do
que sintas ó correo: “educacionfisicaarbo@gmail.com”ou por whatsapp ó 689116973 . Pásao ben e desfruta de estar
cos teus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario