lunes, 15 de junio de 2020

TAREFAS DA SEMANA DO 15 Ó 19 DE XUÑO


ED. FÍSICA NA CASA  
PARA TÓDOLOS CURSOS
SEMANA DO 15 Ó 19 DE XUÑO


Xa  estamos rematando o curso

Estas son as últimas actividades e espero que vos resulten divertidas.
Ánimo e ata SETEMBRO!!!



1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo.



2.      Mira este vídeo sobre O APARATO RESPIRATORIO e coñece mellor o teu corpo.


 E agora resolve esta SOPA DE LETRAS.





3.      Prepara dous globos e móvete con SILVIA DOMÍNGUEZ.





4.      Atrévete cos retos:

a.      Da recolleita: 
 

b.      Do equilibrio coa zapatilla: 



c.       Da carreira sentados: 



d.      Da flexibilidade cun pau: 










6.      Reláxate coa PAPIROFLEXIA, colle un folio e fai un corazón:





7.      Aséate, cámbiate. 



AVISO IMPORTANTE: 

Se non te podes conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:

 XOGO:            AS OLIMPIADAS CON CALCETINS               (PARTE II)

- Ten coidado. Xoga nun lugar sen obstáculos

- Non é unha competición, son xogos para divertirse

- Repite as veces que queiras.

- Pódese xogar de forma individual, parellas, tríos ou en familia.

- Os calcetíns estarán dobrados facendo un paquetiño.

PETANCA:

Intentar deixar o calcetín/s o máis cerca posible dunha boliña de papel (boliche)

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación

Tempo: o que queiras xogar

Material: 6 calcetíns  (3 de cada color)

Participantes: 1 ó varios



MALABARES PARA PEQUES:

Intentar lanzar o calcetín ó aire e intentar facer un xesto/acción sinxela. Exemplo: lanzar e dar unha palmada, lanzar e tocarse a cabeza, etc...

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación

Tempo: 1 minuto, 2 minutos.

Material: calcetín

Participantes: 1 ou varios



LIÑA:

Intentar deixar o calcetín/s o máis cerca posible dunha liña (substituímos a liña por unha botella, obxecto, sinal,... Se te pasas da liña, repites a tirada.

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación

Tempo: o que queiras xogar

Material: 6 calcetíns  (3 de cada cor)

Participantes: 1 ou varios




 MALABARES PARA MAIORES

Intentar lanzar os calcetíns (2) o maior número de veces. Sempre ten que estar un calcetín no aire.

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación.

Tempo: o que queiras xogar

Material: 2-3 calcetíns

Participantes: 1 

Variante:  se che sae, faino con tres (3).



BALONCESTO COA CABEZA

Intentar levar un calcetín enriba da cabeza ata a papeleira ou caixa situada a 1m/2m/3m, inclinar o corpo e intentar encestar.

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación.

Tempo: 1,2, 3 minutos

Material: Tantos como queiras.

Participantes: 1 ou varios




Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ó correo: “educacionfisicaarbo@gmail.com”ou por whatsapp ó 689116973 . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario