ED. FÍSICA NA CASA
: 1º e 2º CURSO.
Só terás que facer unha
sesión á semana no día que che indique @ titor@.
Recorda que tes que practicar as rutinas diarias.
1.
Prepárate, cámbiate,
vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)
2. Mira
este vídeo e aprende a evitar accidentes e PRIMEIROS
AUXILIOS: (Sobre 10 minutos)
3. Xoga
e COÑECE O CORPO HUMANO. Anímate,
pasaralo xenial. (Sobre 10 minutos)
4.
Móvete con BLANCA MANCHÓN: (Sobre 10 minutos)
5.
Reláxate co IOGA
e co conto do MONSTRO DE CORES:
(Sobre 5 minutos)
6.
Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)
AVISO
IMPORTANTE:
1. Constrúe o RIN RAN
e xoga con el:
|
Trátase dun curioso xogo de nen@s que consiste nunha noz atravesada por un pauciño de xeito que este non xire. Noutra noz, que se manterá fixa entre os dedos, practícanse dous furados para que este pau a atravese folgadamente e poda xirar. No pauciño enrólase un cordeliño que sae por un furadiño lateral da noz que se sostén cos dedos. Tirando deste cordel, o pau e a noz que leva encima xiran e recollen o cordel no sentido contrario, o que se aproveita para darlle outro tirón, conseguindo así un movemento continuo de rin-ran que emite un son xordo.
2. XOGO
DA GALLETA
É moi fácil, divertido e apetitoso. Hai que por unha galleta na fronte e facela
caer ata a boca sen usar as mans.
Anímate.
* RECORDA QUE EN
CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 9 A 10 HORAS PODES REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN
FÍSICA.
Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos ou escribirme con relación ás actividades ou do
que sintas ó correo: “educacionfisicaarbo@gmail.com”ou por whatsapp ó 689116973 . Pásao ben e desfruta de estar
cos teus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario