domingo, 31 de mayo de 2020

TAREFAS DA SEMANA DO 1 Ó 5 DE XUÑO


ED. FÍSICA NA CASA : 3º e 4º CURSO.

Terás que facer as sesións que che indique @ titor@.

Recorda que tes que practicar as rutinas diarias.

Actividade 1:

1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)


2.      Xoga e mellora a túa orientación con Laberinto frutal:  (Sobre 15 minutos)



3.      Xoga a hoquei na casa. Anímate, pasaralo xenial.  (Sobre 10 minutos)




4.      Móvete con LAURAESTER. (Sobre 10 minutos)




5.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)


Actividade 2:

1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)


2.      Xoga co CAZABOLAS e pásao ben (Sobre 10 minutos)





3.      Mira este vídeo e aprende a evitar accidentes e PRIMEIROS AUXILIOS:  (Sobre 10 minutos)





4.      Móvete como un super-heroe: (Sobre 5 minutos)





5.      Reláxate con ioga : (Sobre 5 minutos)


6.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)

AVISO IMPORTANTE: 

Se non te podes conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:

1. Constrúe o RIN RAN  e xoga con el:


                  


Trátase dun curioso xogo de nen@s que consiste nunha noz atravesada por un pauciño de xeito que este non xire. Noutra noz, que se manterá fixa entre os dedos, practícanse dous furados para que este pau a atravese folgadamente e poda xirar. No pauciño enrólase un cordeliño que sae por un furadiño lateral da noz que se sostén cos dedos. Tirando deste cordel, o pau e a noz que leva encima xiran e recollen o cordel no sentido contrario, o que se aproveita para darlle outro tirón, conseguindo así un movemento continuo de rin-ran que emite un son xordo.





2. XOGO DA GALLETA

É moi fácil, divertido e apetitoso.  Hai que por unha galleta na fronte e facela caer ata  a boca sen usar as mans. Anímate.


* RECORDA QUE EN CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 10 A 11 HORAS PODES REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA.

Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ou do que sintas ó correo:educacionfisicaarbo@gmail.com”ou por whatsapp ó 689116973 . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario