domingo, 3 de mayo de 2020

TAREFAS DA SEMANA DO 4 Ó 8 DE MAIO PARA 1º E 2º CURSO


ED. FÍSICA NA CASA : 1º e 2º CURSO.

Terás que facer dúas sesións á semana  nos días que che indique @ titor@.

Recorda que tes que practicar as rutinas diarias que explicamos a semana pasada.


Actividade do primeiro día:

1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)


2.      Xoga e desarrolla a túa motricidade fina con La bola que mola:  (Sobre 10 minutos)



3.      Xogo da oca, onde a ficha é cada un dos xogadores e para poder avanzar debedes pasar un reto. O funcionamento é moi sinxelo, non tendes máis que pinchar no dado para que comece e para paralo, contar o número de casillas e ver que tarefa vos tocou facer para seguir avanzando. :  (Sobre 20 minutos)



4.      Móvete e baila ( Podes repetilo): (Sobre 5 minutos)




5.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)



Actividade do segundo día:


1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)


2.      Pide axuda, reúne o material que teñas e prepárao para  realizar   algún dese xogos divertidos para traballar o sopro e a respiración: (Sobre 20 minutos)




3.      A traballar. Realiza os seguintes exercicios e repasa inglés: (Sobre 10 minutos)



4.      Reláxate con ioga : (Sobre 5 minutos)


5.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)


AVISO IMPORTANTE: 
Se non te podes conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:

Busca compañía e xoga coa OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA EN FAMILIA . Debuxa nun folio un taboleiro con 26 casiñas, ponlle un número en cada unha. Ponte na saída e ..a xogar.
TIRA O DADO, VAI A CASILLA QUE TOQUE, MIRA
O QUE TES QUE FACER ,
E A XOGAR. MOITA SORTE!

SE CAES NA CASIÑA:

1. DÁ 10 SALTOS COS PÉS XUNTOS.
2. REALIZA 10 XIROS COMO UNHA PEONZA.
3. MANTÉN O EQUILIBRIO SOBRE A PERNA DEREITA DURANTE 15 SEGUNGOS SEN MOVERTE
4. LANZA UN BOLÍGRAFO AO AIRE E VOLVE A COLLELO SEN QUE CAIA AO CHAN (TÉS QUE LANZALO ALTO)
5. POZO: VOLVER A EMPEZAR DENDE A CASILLA SAÍDA
6. GATEA POR TODA A HABITACIÓN ATA QUE CONTES ATA 30.
7. FAI UNHA BÓLA DE PAPEL E XOGA CON ELA AO FÚTBOL DURANTE UN
MINUTO.
8. REALIZA O BAILE QUE QUEIRAS DURANTE 20 SEGUNDOS.
9. DÁ 5 SALTOS COA PERNA DEREITA Á PATA COXA.
10. REALIZA 5 XIROS POLO CHAN COMO UNHA CROQUETA.
11. CAMIÑA COAS PUNTAS DOS PÉS SOBRE UNHA LIÑA SEN CAERTE.
      12. LANZA UNHA PINZA DA ROUPA AO AIRE CON UNHA MAN E CÓLLEA COA OUTRA MAN (TES QUE LANZALA ALTA)
13. POZO: VOLVER Á CASILLA NÚMERO 6
14. CORRE O MÁIS RÁPIDO QUE POIDAS NO SITIO DURANTE 20 SEGUNDOS.
      15. DILLE QUE CHE LANCEN UNHA BÓLA DE PAPEL POLO AIRE E DALLE COA CABEZA COMO SE FOSES UN FUTBOLISTA.
16. FAI O BAILE QUE QUEIRAS DURANTE 20 SEUNDOS.
17. DÁ 5 SALTOS COA PERNA ESQUERDA, Á PATA COXA.
      18. MANTÉN O EQUILIBRIO SOBRE A PERNA ESQUERDA SEN CAERTE ATA QUE CONTES ATA 20.
19. CAMIÑA CARA ATRÁS POR TODA A HABITACIÓN SEN PARAR DURANTE
20 SEGUNDOS.
20. PRISIÓN: TÉS QUE SACAR UN 5 PARA PODER SAIR OU AXUDAR AOS
TEUS PAIS EN ALGO QUE CHE PIDAN.
21. FAI 10 PASES COAS MANS EMPREGANDO UN ROLO DE PAPEL
HIXIÉNICO, DILLE AOS TEUS PAIS QUE TE AXUDEN.
22. LANZA UNHA BÓLA DE PAPEL AO AIRE E DALLE CÓ PÉ ANTES DE QUE
CAIA AO CHAN.
23. REALIZA O BAILE QUE QUEIRAS DURANTE 20 SEGUNDOS.
24. FAI ESTA SECUENCIA DE SALTOS COS PÉS XUNTOS: SALTO CARA
ADIANTE- SALTO CARA ATRÁS – SALTO CARA A DEREITA E SALTO
CARA A ESQUERDA (REPÍTEO 2 VECES MÁIS)
25. TOCA 5 OBXECTOS DE CASA QUE SEXAN DE COR VERDE.
                  26. CHEGACHES, MOI BEN, PROBA REMATADA!



* RECORDA QUE EN CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 9 A 10 HORAS PODES REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA.


Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ou do que sintas ó correo: educacionfisicaarbo@gmail.com . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario