ED. FÍSICA NA CASA
: 3º e 4º CURSO.
Terás que facer dúas
sesións á semana nos días que che indique @ titor@.
Recorda que tes que practicar as rutinas diarias que explicamos
a semana pasada.
Actividade
do primeiro día:
1.
Prepárate, cámbiate,
vai ó aseo. (Sobre
5 minutos)
2.
Xoga e aprende a recoñecer
e respectar as normas de convivencia con Juego limpio: (Sobre 10 minutos)
3. Móvete
e traballa a velocidade de reacción co seguinte exercicio: (Sobre 5 minutos)
4. Móvete
como un super-heroe: (Sobre 10 minutos)
5.
Reláxate. Prepárate,
tes que facelo no chan: (Sobre 10 minutos)
6.
Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)
Actividade
do segundo día:
1.
Prepárate, cámbiate,
vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)
2. Móvete e
repasa inglés: (Sobre 10 minutos)
3.
Xogo da oca, onde a
ficha é cada un dos xogadores e para poder avanzar debedes pasar un reto. O
funcionamento é moi sinxelo, non tendes máis que pinchar no dado para que
comece e para paralo, contar o número de casillas e ver que tarefa vos tocou
facer para seguir avanzando. (Sobre 20 minutos)
4.
Reláxate : (Sobre
5 minutos)
5.
Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)
AVISO
IMPORTANTE:
Se non te podes
conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:
OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º E 4º
Busca compañía e xoga coa OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA EN FAMILIA .
Debuxa nun folio un taboleiro con 26 casiñas, ponlle un número en cada unha.
Ponte na saída e ..a xogar.
TIRA O DADO, VAI A CASILLA QUE TOQUE, MIRA
O QUE TES QUE FACER NESTA FOLLA,
E A XOGAR. MOITA SORTE!
SE CAES NA CASIÑA:
1. DA 30 SALTOS COS PÉS XUNTOS.
2. REALIZA 15 XIROS COMO UNHA PEONZA.
3. MANTÉN O EQUILIBRIO SOBRE A PERNA DEREITA SEN MOVERTE E CONTA ATA 20.
4. LANZA UN BOLÍGRAFO AO AIRE E VOLVE A COLLELO SEN QUE CAIA AO CHAN COA
MESMA MAN (TÉS QUE LANZALO ALTO)
5. POZO:
VOLVER A EMPEZAR DENDE A CASILLA SAÍDA
6. ARRÁSTRATE POLO CHAN COMO UN VERME COAS PERNAS ESTIRADAS ATA QUE CRUCES
TODA A HABITACIÓN.
7. FAI UNHA BOLA DE PAPEL E XOGA CON ELA AO FÚTBOL DURANTE UN MINUTO.
8. REALIZA O BAILE QUE QUEIRAS DURANTE 20 SEGUNDOS.
9. DA 20 SALTOS COA PERNA DEREITA A PATA COXA.
10. REALIZA 10 XIROS POLO CHAN COMO UNHA CROQUETA.
11. CAMIÑA COAS PUNTAS DOS PÉS SOBRE UNHA LIÑA SEN CAERTE E COS BRAZOS
ESTIRADOS CARA ARRIBA.
12. LANZA 5 PINZAS DA ROUPA Á CESTA DENDE 4 PASOS (TES QUE METER TRES)
13. POZO:
VOLVER A CASILLA NÚMERO 6
14. CORRE O MÁIS RÁPIDO QUE POIDAS NO SITIO DURANTE 20 SEGUNDOS SUBINDO OS
XEONLLOS ARRIBA.
15. DA DOUS TOQUES CON UNHA BOLA DE PAPEL COMO SE FOSES FUTBOLISTA (POLO
MENOS 3)
16. FAI O BAILE QUE QUEIRAS DURANTE 20 SEGUNDOS.
17. DA 20 SALTOS COA PERNA ESQUERDA, Á PATA COXA.
18. MANTÉN O EQUILIBRIO SOBRE A PERNA ESQUERDA SEN CAERTE ATA QUE CONTES
ATA 40.
19. CAMIÑA CARA ATRÁS POR TODA HABITACIÓN SEN PARAR DURANTE
20 SEGUNDOS COS OLLOS PECHADOS E SEN PARAR.
20. PRISIÓN:
TÉS QUE SACAR UN 5 PARA PODER SAIR OU AXUDAR AOS TEUS PAIS EN ALGO QUE CHE
PIDAN (POR EXEMPLO RECOLLER A HABITACIÓN)
21. DILLE ALGUÉN QUE INTENTE DARCHE CON UN ROLO DE PAPEL HIXIÉNICO TES QUE
ESQUIVALO. O QUE LANZA NON PODE MOVERSE, E TI NON PODES SAIS DA HABITACIÓN (SON
5 LANZAMENTOS).
22. LANZA UNHA BÓLA DE PAPEL AO AIRE E DALLE CÓ PÉ ANTES DE QUE CAIA AO
CHAN.
23. FAI O BAILE QUE QUEIRAS DURANTE 20 SEGUNDOS.
25. TOCA 5 OBXECTOS DE CASA QUE TEÑAN A COR VERDE E DESPOIS 5 QUE TEÑAN A
COR VERMELLA.
26. CHEGACHES, MOI BEN, PROBA CONSEGUIDA!
* RECORDA QUE EN CLAN
TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 10 A 11 HORAS
PODES REALIZAR UNHA CLASE DE
EDUCACIÓN FÍSICA.
Podes enviarme fotos,
vídeos, debuxos ou escribirme con
relación ás actividades ou do que sintas ó correo: “educacionfisicaarbo@gmail.com” . Pásao ben e
desfruta de estar cos teus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario