domingo, 3 de mayo de 2020

TAREFAS DA SEMANA DO 4 Ó 8 DE MAIO PARA 5º E 6º CURSO

ED. FÍSICA NA CASA : 5º e 6º CURSO.
Terás que facer dúas sesións á semana  nos días que che indique @ titor@.

Recorda que tes que practicar as rutinas diarias que explicamos a semana pasada.

  

Actividade do primeiro día:

1.Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)

2.Xoga e mellora as nocións espaciais e temporais , os desprazamentos e a resolución de problemas con No pierdas el norte:  (Sobre 15 minutos) :

3.Empezamos co quecemento: (Sobre 5 minutos)


4.Agora traballaremos a velocidade de reacción. Mira o vídeo e prepara o material antes: (Sobre 5 minutos)


5.Reláxate con ioga. Prepárate, tes que facelo no chan: (Sobre 10 minutos)


6.Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)



    

Actividade do segundo día:

1.Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)

2.Repasamos o que sabemos do deporte de Balonmán. Baloncesto queda para o seguinte día. Pulsa na cruz verde (+) e irás avanzando páxinas. Anímate coas actividades .(Sobre 10 minutos)

3.Móvete e repasa inglés:  (Sobre 10 minutos)


4.Xogo da oca, onde a ficha é cada un dos xogadores e para poder avanzar debedes pasar un reto. O funcionamento é moi sinxelo, non tendes máis que pinchar no dado para que comece e para paralo, contar o número de casillas e ver que tarefa vos tocou facer para seguir avanzando. :  (Sobre 10 minutos)

5.Reláxate co ioga : (Sobre 5 minutos)


6.Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)


     

AVISO IMPORTANTE: 
Se non te podes conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:

OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 5º E 6º

Busca compañía e xoga coa OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA EN FAMILIA . Debuxa nun folio un taboleiro con 26 casiñas, ponlle un número en cada unha. Ponte na saída e ..a xogar.

TIRA O DADO, VAI A CASILLA QUE TOQUE, MIRA
O QUE TES QUE FACER NESTA FOLLA,
E A XOGAR. MOITA SORTE!


SE CAES NA CASIÑA:

1. DÁ 40 SALTOS COS PÉS XUNTOS.
2. REALIZA 20 XIROS COMO UNHA PEONZA.
3. MANTÉN O EQUILIBRIO SOBRE A PERNA DEREITA SEN MOVERTE E CONTA ATA 30.
4. SÉNTATE E LEVÁNTATE 10 VECES.
5. POZO: VOLVER A EMPEZAR DENDE A CASILLA SAÍDA
6. ARRÁSTRATE POLO CHAN COMO UN VERME COAS PERNAS ESTIRADAS ATA QUE CRUCES TODA A HABITACIÓN.
7. FAI UNHA BÓLA DE PAPEL E XOGA CON ELA AO FÚTBOL DURANTE UN MINUTO.
8. REALIZA O BAILE QUE QUEIRAS DURANTE  30 SEGUNDOS.
9. DA 30 SALTOS COA PERNA DEREITA A PATA COXA.
10. REALIZA 10 XIROS POLO CHAN COMO UNHA CROQUETA.
11. CAMIÑA COAS PUNTAS DOS PÉS SOBRE UNHA LIÑA SEN CAERTE E COS BRAZOS ESTIRADOS CARA ARRIBA.
12. LANZA 5 PINZAS DA ROUPA Á CESTA DENDE 4 PASOS (TES QUE METER TRES)
13. POZO: VOLVER Á CASILLA NÚMERO 6
14. CORRE O MÁIS RÁPIDO QUE POIDAS NO SITIO DURANTE 30 SEGUNDOS SUBINDO OS XEONLLOS ARRIBA.
15. DA TOQUES CON UNHA BÓLA DE PAPEL COMO SE FOSES FUTBOLISTA (SEN QUE CAIA)
16. FAI O BAILE QUE QUEIRAS DURANTE 30 SEGUNDOS.
17. DA 30 SALTOS COA PERNA ESQUERDA, Á PATA COXA.
18. MANTÉN O EQUILIBRIO SOBRE A PERNA ESQUERDA SEN CAERTE ATA QUE CONTES ATA 40.
19. AGÁCHATE E SALTA A DAR UNHA PALMADA O MAIS ALTO QUE POIDAS CINCO VECES.
20. PRISIÓN: TÉS QUE SACAR UN 5 PARA PODER SAIR OU AXUDAR AOS TEUS PAIS EN ALGO QUE CHE PIDAN (POR EXEMPLO RECOLLER A HABITACIÓN)
21. DILLE ALGUÉN QUE INTENTE DARCHE CON UN ROLO DE PAPEL HIXIÉNICO TES QUE ESQUIVALO. O QUE LANZA NON PODE MOVERSE, E TI NON PODES SAIR DA HABITACIÓN (SON 5 LANZAMENTOS).
22. LANZA UNHA BÓLA DE PAPEL AO AIRE E DALLE CÓ PÉ ANTES DE QUE CAIA AO CHAN (Repíteo 5 veces)
23. REALIZA O BAILE QUE QUEIRAS DURANTE 30 SEGUNDOS.
25. TOCA 5 OBXECTOS DE CASA QUE TEÑAN A COR VERDE E DESPOIS 5 QUE TEÑAN A COR VERMELLA.
26. CHEGACHES, MOI BEN, PROBA REMATADA!

  

* RECORDA QUE EN CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 11 A 12 HORAS PODES      REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA.


Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ou do que sintas ó correo: “educacionfisicaarbo@gmail.com” . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario