domingo, 24 de mayo de 2020

TAREFAS SEMANA DO 25 Ó 29 DE MAIO DO 1º E 2º CURSO


ED. FÍSICA NA CASA : 1º e 2º CURSO.

Terás que facer dúas sesións á semana  nos días que che indique @ titor@.

Recorda que tes que practicar as rutinas diarias.

 



Actividade do primeiro día:

1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)


2.      Xoga e mellora o teu pensamento estratéxico con Descubre el gimnasio:  (Sobre 15 minutos)



3.      Xogamos á goma. Anímate, pasaralo xenial.  (Sobre 10 minutos)



4.      Móvete co BODY CONTACT: : (Sobre 10 minutos)




5.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)


Actividade do segundo día:

1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)


2.      Prepara un CAZABOLAS e pásao ben xogando con el (Sobre 15 minutos)



3.      Movémonos con Laura Gil: : (Sobre 10 minutos)



4.      A bailar LEVANTANDO AS MANS: (Sobre 5 minutos)




5.      Reláxate con ioga : (Sobre 5 minutos)




6.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)


AVISO IMPORTANTE: 

Se non te podes conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:

1. Atopa as diferenzas

Xógase en parellas e o obxectivo é atopar as diferenzas. Imaxinemos que están a xogar Xan e Uxía.
  • Xan colócase nunha posición en modo estatua.
  • Uxía observa moi ben a estatua.
  • Uxía dáse a volta.
  • Xan ten que modificar algunha posición do seu corpo e seguir como unha estatua.
  • Xan ten que avisar a Uxía de que xa se pode dar a volta.
  • Uxía ten que descubrir que cambios se produciron.
  • Cámbianse os papeis e xógase o tempo que se queira.
Nota : Póñense as regras que se queiran. Poden xogar mais persoas. Unha observa e as outras póñense de estatuas.

2. Con xeito que chocas

O obxectivo do xogo é pasar dun punto A a outro B sen tocar ningún obstáculo cos  ollos tapados.
Como se xoga? Fácil.
  • Coloca nun corredor da casa diferentes obstáculos: botella, coxín, un vaso de plástico, algún xoguete… (cantos máis obstáculos máis difícil).
  • Seguen xogando Uxía e Xan.
  • Uxía monta o seu circuíto, con 3 obstáculos, no corredor da casa.
  • Xan observa onde están os obstáculos e cando os teña memorizado, Uxía véndalle os ollos.
  • Cando os teña vendados, Xan ten que ir dun lugar a outro sen tocar nada.
  • Se toca algún obstáculo, é o turno de Uxía.
  • E Xan coloca os seus 3 obstáculos no circuíto na orde que considere.
  • Uxía pasa cos ollos vendados e chega ó final do circuíto, entón é o momento de que Xan coloque un novo material. No lugar de 3, coloca 4.
  • Deste modo cada vez que se supere, vaise facendo mais difícil poder chegar ó outro punto.
  • Gañará (ou non) quen consiga pasar con maior número de obstáculos.
3. Bolos na casa

·         Consiste en colocar 6 botellas baleiras de plástico en forma de triángulo. Elixir a zona dende onde imos lanzar a pelota. (si non temos pelota, podemos utilizar un par de calcetíns o calquera cousa que se nos ocorra). Si xogas con irmáns pequenos, a distancia debe adaptarse á idade. Fanse 3 tiros e cóntanse as botellas que se tiraran. Pódense facer as rondas que se desexe. Incluso apuntar un obxectivo, é dicir, antes de empezar una ronda podes anotar o teu obxectivo “serei capaz de tirar 5 botellas en 3 tiros”. Se non consegues o obxectivo, deberás repetir o exercicio.

* RECORDA QUE EN CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 9 A 10 HORAS PODES REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA.

Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ou do que sintas ó correo: educacionfisicaarbo@gmail.com”ou por whatsapp ó 689116973 . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario