PARA
ACCEDER ÁS TAREFAS DE CADA SEMANA, BUSCA NAS ETIQUETAS QUE ESTÁN Ó LADO DEREITO E FAI CLIC SOBRE O TEU CURSO
FAI CLIC SOBRE "FOTOS" SE QUERES VELAS.
FAI CLIC SOBRE "FOTOS" SE QUERES VELAS.
ED. FÍSICA NA CASA
: 5º e 6º CURSO.
Terás que facer dúas
sesións á semana nos días que che indique @ titor@.
Recorda que tes que practicar as rutinas diarias.
Actividade
do primeiro día:
1.
Prepárate, cámbiate,
vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)
2. Xoga
e aprende PRIMEIROS AUXILIOS: (Sobre 15 minutos)
3. Xogamos
á goma. Anímate, pasaralo xenial. (Sobre 10 minutos)
4.
Móvete co BODY CONTACT:
: (Sobre 10 minutos)
5.
Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)
Actividade
do segundo día:
1.
Prepárate, cámbiate,
vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)
2.
Prepara un CAZABOLAS e
pásao ben xogando con el (Sobre 10
minutos)
3.
Movémonos con PatryJordan no seu ximnasio virtual: : (Sobre 20 minutos)
4.
A bailar MADRE TIERRA: (Sobre 5 minutos)
5.
Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)
AVISO
IMPORTANTE:
Se non te podes
conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:
1. Atopa as
diferenzas
Xógase en
parellas e o obxectivo é atopar as diferenzas. Imaxinemos que están a xogar Xan
e Uxía.
- Xan colócase nunha posición en modo estatua.
- Uxía observa moi ben a estatua.
- Uxía dáse a volta.
- Xan ten que modificar algunha posición do seu corpo e seguir como unha estatua.
- Xan ten que avisar a Uxía de que xa se pode dar a volta.
- Uxía ten que descubrir que cambios se produciron.
- Cámbianse os papeis e xógase o tempo que se queira.
Nota :
Póñense as regras que se queiran. Poden xogar mais persoas. Unha observa e
as outras póñense de estatuas.
2. Con xeito que chocas
O obxectivo
do xogo é pasar dun punto A a outro B sen tocar ningún obstáculo cos ollos tapados.
Como se
xoga? Fácil.
- Coloca nun corredor da casa diferentes obstáculos: botella, coxín, un vaso de plástico, algún xoguete… (cantos máis obstáculos máis difícil).
- Seguen xogando Uxía e Xan.
- Uxía monta o seu circuíto, con 3 obstáculos, no corredor da casa.
- Xan observa onde están os obstáculos e cando os teña memorizado, Uxía véndalle os ollos.
- Cando os teña vendados, Xan ten que ir dun lugar a outro sen tocar nada.
- Se toca algún obstáculo, é o turno de Uxía.
- E Xan coloca os seus 3 obstáculos no circuíto na orde que considere.
- Uxía pasa cos ollos vendados e chega ó final do circuíto, entón é o momento de que Xan coloque un novo material. No lugar de 3, coloca 4.
- Deste modo cada vez que se supere, vaise facendo mais difícil poder chegar ó outro punto.
- Gañará (ou non) quen consiga pasar con maior número de obstáculos.
3. Bolos na casa
·
Consiste
en colocar 6 botellas baleiras de plástico en forma de triángulo. Elixir a zona
dende onde imos lanzar a pelota. (si non temos pelota, podemos utilizar un par
de calcetíns o calquera cousa que se nos ocorra). Si xogas con irmáns pequenos,
a distancia debe adaptarse á idade. Fanse 3 tiros e cóntanse as botellas que se
tiraran. Pódense facer as rondas que se desexe. Incluso apuntar un obxectivo, é
dicir, antes de empezar una ronda podes anotar o teu obxectivo “serei capaz de
tirar 5 botellas en 3 tiros”. Se non consegues o obxectivo, deberás repetir o
exercicio.
* RECORDA QUE EN
CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 11 A 12 HORAS PODES REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN
FÍSICA.
Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos ou escribirme con relación ás actividades ou do
que sintas ó correo: “educacionfisicaarbo@gmail.com”ou por whatsapp ó 689116973 . Pásao ben e desfruta de estar
cos teus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario