domingo, 7 de junio de 2020

TAREFAS DA SEMANA DO 8 Ó 12 DE XUÑO

PARA ACCEDER ÁS TAREFAS DE CADA SEMANA, BUSCA NAS ETIQUETAS QUE  ESTÁN Ó LADO DEREITO E FAI CLIC SOBRE O TEU CURSO.



ED. FÍSICA NA CASA : 3º e 4º CURSO.

Terás que facer as sesións que che indique @ titor@.

Recorda que tes que practicar as rutinas diarias.

Actividade 1:


1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)


2.      Xoga e mellora a túa coordinación óculo-manual con La feria:  (Sobre 15 minutos)



3.      Móvete con JUANÍN GARCÍA. (Sobre 10 minutos)



4.       Atrévete co reto do vaso. Anímate, pasaralo xenial.  (Sobre 10 minutos)



5.       Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)




Actividade 2:


1.      Prepárate, cámbiate, vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)


2.      Xoga co CAZABOLAS a nivel experto e pásao ben (Sobre 10 minutos)



3.      Móvete e mantente activo: (Sobre 15 minutos)




4.      Reláxate coa PAPIROFLEXIA, colle un folio e fai unha rá: (Sobre 5 minutos)




5.      Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)

AVISO IMPORTANTE: 

Se non te podes conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:


 XOGO:     AS OLIMPIADAS CON CALCETINS    (PARTE I)

- Ten coidado. Xoga nun lugar sen obstáculos

- Non é unha competición, son xogos para divertirse

- Repite as veces que queiras.

- Pódese xogar de forma individual, parellas, tríos ou en familia.

- Os calcetíns estarán dobrados facendo un paquetiño.

VOLEIBOL:

Intentar dar o maior número de golpeos ó calcetín cunha man, con dúas mans, alternando, con calquera parte do corpo.

Espazo: libre de obstáculos

Tempo: 1 minuto, 2 minutos.

Material: calcetín/s

Participantes: 1 ou varios



BALONCESTO:

Intentar encestar o maior número de calcetíns durante 1 minuto/ 2 minutos nunha una papeleira, caixa, etc.

Distancia: 1 metro, 2 metros, 3 metros

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación

Tempo: 1 minuto, 2 minutos.

Material: 5- 10 calcetíns

Participantes: 1 ó varios



BOLOS:

Intentar derribar o maior número de botellas de auga baleiras, briks de leite baleiros, etc. Lánzanse tantos calcetíns como botellas, briks,.. poñas.

Distancia: 1 metro, 2 metros, 3 metros

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación

Tempo: 1 minuto, 2 minutos.

Material: calcetíns, botellas de auga baleiras e numeradas, briks de leite baleiros e numerados, etc...

Participantes: 1 ou varios



Variante: sumas os puntos das botellas derribadas





 SUMA:

Intentar sumar o maior número de puntos deixando o calcetín cerca das botellas. Se o deixas entre a botella 1 e 2 sumas 1, se o deixas entre a botella 2 e  3 sumas 2 e así sucesivamente. Tíranse 5 calcetíns.

Distancia de botellas: 1 metro, 2 metros, 3 metros, 4 metros

Espazo: libre de obstáculos, corredor, habitación

Tempo: 1 minuto, 2 minutos.

Material: calcetíns, botellas de auga baleiras e numeradas, briks de leite baleiros, etc...

Participantes: 1 ou varios





* RECORDA QUE EN CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 10 A 11 HORAS PODES REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA.



Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos  ou escribirme con relación ás actividades ou do que sintas ó correo: educacionfisicaarbo@gmail.comou por whatsapp ó 689116973 . Pásao ben e desfruta de estar cos teus.


No hay comentarios:

Publicar un comentario