ED. FÍSICA NA CASA
: 5º e 6º CURSO.
Terás que facer as
sesións que che indique @ titor@.
Recorda que tes que practicar as rutinas diarias.
Actividade 1:
1. Prepárate,
cámbiate, vai ó aseo. (Sobre
5 minutos)
2. Traballa
unha unidade didáctica sobre o deporte do
Fútbol Sala ( Da páxina 22 ata o final).
Pulsa na cruz verde (+) e irás
avanzando páxinas. Anímate coas actividades.(Sobre 10 minutos)
3.
Móvete e mantente activo: (Sobre 15 minutos)
4. Atrévete
co reto do vaso. Anímate, pasaralo xenial. (Sobre 10 minutos)
5.
Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)
Actividade 2:
1.
Prepárate, cámbiate,
vai ó aseo. (Sobre 5 minutos)
2.
Xoga como un expert@ co
CAZABOLAS e pásao ben (Sobre 10 minutos)
3.
Practica bailes e coreografías: (Sobre 20 minutos)
6.
Reláxate coa PAPIROFLEXIA, colle un folio e fai unha
rá: (Sobre 5 minutos)
4.
Aséate, cámbiate. (Sobre 5 minutos)
AVISO
IMPORTANTE:
Se non te podes
conectar a internet ou a conexión é mala, podes realizar os seguintes xogos:
XOGO: AS OLIMPIADAS CON CALCETINS (PARTE I)
- Ten
coidado. Xoga nun lugar sen obstáculos
- Non é unha
competición, son xogos para divertirse
- Repite as
veces que queiras.
- Pódese
xogar de forma individual, parellas, tríos ou en familia.
- Os
calcetíns estarán dobrados facendo un paquetiño.
VOLEIBOL:
Intentar dar
o maior número de golpeos ó calcetín cunha man, con dúas mans, alternando, con
calquera parte do corpo.
Espazo:
libre de obstáculos
Tempo: 1
minuto, 2 minutos.
Material:
calcetín/s
Participantes:
1 ou varios
BALONCESTO:
Intentar
encestar o maior número de calcetíns durante 1 minuto/ 2 minutos nunha una
papeleira, caixa, etc.
Distancia: 1
metro, 2 metros, 3 metros
Espazo:
libre de obstáculos, corredor, habitación
Tempo: 1
minuto, 2 minutos.
Material: 5-
10 calcetíns
Participantes:
1 ó varios
BOLOS:
Intentar
derribar o maior número de botellas de auga baleiras, briks de leite baleiros,
etc. Lánzanse tantos calcetíns como botellas, briks,.. poñas.
Distancia: 1
metro, 2 metros, 3 metros
Espazo:
libre de obstáculos, corredor, habitación
Tempo: 1
minuto, 2 minutos.
Material:
calcetíns, botellas de auga baleiras e numeradas, briks de leite baleiros e
numerados, etc...
Participantes:
1 ou varios
Variante:
sumas os puntos das botellas derribadas
SUMA:
Intentar
sumar o maior número de puntos deixando o calcetín cerca das botellas. Se o deixas
entre a botella 1 e 2 sumas 1, se o deixas entre a botella 2 e 3 sumas 2 e
así sucesivamente. Tíranse 5 calcetíns.
Distancia de
botellas: 1 metro, 2 metros, 3 metros, 4 metros
Espazo:
libre de obstáculos, corredor, habitación
Tempo: 1
minuto, 2 minutos.
Material:
calcetíns, botellas de auga baleiras e numeradas, briks de leite baleiros, etc...
Participantes:
1 ou varios
RECORDA
QUE EN CLAN TV TÓDOLOS MÉRCORES DE 11 A 12 HORAS PODES REALIZAR UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA.
Podes enviarme fotos, vídeos, debuxos ou escribirme con relación ás actividades ou do
que sintas ó correo: “educacionfisicaarbo@gmail.com”ou por whatsapp ó 689116973 . Pásao ben e desfruta de estar
cos teus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario